xoves, 28 de abril de 2022

Maletas Viaxeiras

Xa temos no centro a primeira MALETA VIAXEIRA, relacionada co "Camiño de Santiago" (proxecto de centro que estamos a levar a cabo este curso 2021-2022). 

Esta  iniciativa  dase grazas a Bibliotecas Escolares de Galicia, que  pon a disposición dos centros educativos este recurso a través dos CFR (Centro de Formación e Recursos).

Esta maleta estará a nosa disposición, no cole, ata o 20 de Maio.

Sen dúbida, disfrutaremos moito dela!





martes, 26 de abril de 2022

Benvida á nosa BIBLIOTECA

                           "Regalarei  un libro, regalarei un soño"


Inauguramos un novo apartado na BIBLIOTECA do noso cole.

Aquí, publicaremos un montón de novidades e actividades que iremos facendo.

Estade ben atent@s!