martes, 31 de maio de 2022

Segunda MALETA VIAXEIRA

 Xa temos na Biblioteca do centro, a disposición de todo o alumnado, a segunda MALETA VIAXEIRA deste curso 2021/2022. Neste caso está relacionada con "Libros informativos para Educación Primaria".

Esta maleta estará a nosa disposición, no cole, ata o 17 de Xuño.




mércores, 4 de maio de 2022

II CONCURSO DE RELATO CURTO

 


Para a celebración do Día das Letras Galegas, presentamos o II Concurso de Relato Curto organizado polo centro.

Animamos a todo o alumnado a participar!

domingo, 1 de maio de 2022

1 de MAIO: DIA DA NAI

 Comezamos o mes de maio ca celebración do día da NAI

Queremos homenaxear a todas as NAIS cunha recomendación dun conto titulado: MAMÁ, de Mariana Ruíz Johnson  (editorial Kalandraka)



Grazas as mamás, co seu apoio, traballo, compaña, coidados, sorisos....a vida é mais doada e divertida. 


xoves, 28 de abril de 2022

Maletas Viaxeiras

Xa temos no centro a primeira MALETA VIAXEIRA, relacionada co "Camiño de Santiago" (proxecto de centro que estamos a levar a cabo este curso 2021-2022). 

Esta  iniciativa  dase grazas a Bibliotecas Escolares de Galicia, que  pon a disposición dos centros educativos este recurso a través dos CFR (Centro de Formación e Recursos).

Esta maleta estará a nosa disposición, no cole, ata o 20 de Maio.

Sen dúbida, disfrutaremos moito dela!





martes, 26 de abril de 2022

Benvida á nosa BIBLIOTECA

                           "Regalarei  un libro, regalarei un soño"


Inauguramos un novo apartado na BIBLIOTECA do noso cole.

Aquí, publicaremos un montón de novidades e actividades que iremos facendo.

Estade ben atent@s!