xoves, 28 de abril de 2022

Maletas Viaxeiras

Xa temos no centro a primeira MALETA VIAXEIRA, relacionada co "Camiño de Santiago" (proxecto de centro que estamos a levar a cabo este curso 2021-2022). 

Esta  iniciativa  dase grazas a Bibliotecas Escolares de Galicia, que  pon a disposición dos centros educativos este recurso a través dos CFR (Centro de Formación e Recursos).

Esta maleta estará a nosa disposición, no cole, ata o 20 de Maio.

Sen dúbida, disfrutaremos moito dela!





Ningún comentario:

Publicar un comentario